Candidato Pachi
Editorial - martes, 04 de septiembre de 2012
Do mesmo xeito que aos nacionalistas a convocatoria de eleccións polo presidente Feijóo failles tomar decisións apuradas que posiblemente serían as mismas nunha convocatoria máis demorada, no caso do Psdg-Psoe, veulles solucionar un tema que se prevía difícil como sempre son unhas primarias nas que hai varias sensibilidades en confrontación.
O seis de outubro ían celebrarse unhas primarias entre os socialistas galegos onde a priori non o tiña moi doado o actual lider autonómico, Pachi Vázquez, xa que posiblemente tería que contender co Presidente da Deputación de Lugo, Gómez Besteiro e os ex ministros Francisco Caamaño e José Blanco, que en calquera caso serían enemigos cordiais pero ben difíciles de vencer.
O adianto electoral clarificou a situación nas filas socialistas, e os posibles candidatos foron deixando libre o campo co que o actual Secretario Xeral dos socialistas galegos ten vía libre para ser o candidato polo seu Partido para a Presidencia da Xunta de Galicia.
Certo é que Vázquez estivo ás duras nestes case catro anos de goberno Popular en Galicia, polo que non parece inxusto que tamén estea ás maduras, se é que tema maduro se pode considerar bregar nunha loita política que se presenta difícil para todos pero especialmente para os que agora están na oposición.
Gracias a Feijóo, Vázquez é candidato. Cousas da política, que ás veces ten moito de lotería incontrolable, e sempre con resultados difíciles de prever.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora