Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Benvido setembro

lunes, 03 de septiembre de 2012
Rematou agosto e estamos metidos de cheo nun mes ponte entre un verán que agoniza e un outono animado por todas as forzas dunha sociedade convulsa.

Por se faltaba algún tipo de animación social, a precampaña electoral diante dunhas eleccións autonómicas que radiografiarán o mundo político galego o próximo 21 de outubro dinamizarán un mundo que abondo tiña con intentar controlar o desplome económico no que estamos inmersos.

Esta “rentree” conta con acicates especiais como o aumento do Imposto do valor engadido e a súa repercusión na práctica totalidade de produtos e servizos. E os cabezas de familia descobren unha vez máis que se as contas públicas están descabalgadas as contas privadas experimentan desequilibrio tras desequilibrio nun proceso ao que non se lle ve xeito nen fin.

Benvido sexa setembro que se non é máis ca o marco temporal dun tempo evidentemente difícil, daranos ocasión de poñer a proba o inxenio e a paciencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES