Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Berros silenciosos

lunes, 03 de septiembre de 2012
Medo de caer sobre o bulleiro do Camiño Real. O traxe das festas poñeríase horrible e a porcallada asomaría pola pel branca da conciencia colectiva. Quero chorar de rabia, pero tan só me sae un berro silencioso.

Berro polo paxaro que está no cruce de dúas gallas e este, en vez de mirar cara min, fuxe por entre os salgueiros dun valado.

Berro en silencio pola parodia dunha tarde do mes de agosto entre os penedos de Barricobos e, con calma, cando chego á vila, bebo da auga da burga para que me alivie esa gorxa rota de tanto berrar en silencio.

Agora si que teño medo de lavar as porcalladas que collín por entre as lamas de todos os camiños que me levaban a todas as leiras. Hai memorias gardadas en caixas de cristal brillante. E cun cadeado pecho eses berros gardados no silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania