Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Ramos á Pascua: Celebrar e Agradecer!

lunes, 21 de marzo de 2005
Tempo que os seguidores de Xesús debemos vivir/celebrar con responsabilidade, con gozo e agradecemento. Na Semana Santa conmemoramos o acontecemento meirande da historia humana: a Paixón/Morte/Resurrección de Xesús, o Señor, anticipo da nosa vida, prsente e futura, que tamén pasa pola paixón/cruz/morte e resurrección.

Celebramos o trunfo da Vida sobre a morte. Xesús testemuña, coa súa vida, o anunciado polos profetas: que Deus está a favor da Humanidade, que nos ama a fondo perdido, que fai posible a sociedade nova, xusta e solidaria na que reinen o amor e a verdade e que somos quen de acadar a fraternidade universal que nos leve a vivir unha feliz convivencia. Que temos razóns sobradas para a esperanza.

Os feitos poñen á vista a nosa irresponsabilidade e incoherencia ante a dor e o sufrimento humanos, ante a paixón que se está a repetir nos novos crucificados e condenados do noso tempo, reflectidos nas ringleiras de presos políticos, de perseguidos, refuxiados, famentos, emigrantes, víctimas do sexo, da violencia, da xenofobia, etc. Coma no caso de Xesús, víctimas do egoísmo e do poder político, económico e relixioso/cultural. Tamén, ante a incrible pasividade dos seus discípulos/as. Non podemos seguir así diante da conciencia e da seriedade dunha fe adulta, libre e liberadora. Cómpre dedicar un anaco do noso tempo á reflexión, antes de pornos a celebrar algo. Só se nos pide uns mínimos de coherencia coa fe e que, dentro das nosas limitacións e costumes, poñamos vida e senso ás celebracións. Non abonda con ser espectadores que repetimos coma se esa historia non fose connosco. Cómpre saber que, como e para que celebramos!

Orientación/base: Deus, despóxase da divindade e mergúllase na humanidade. Do ceo á terra, do señorío ó servicio. A misericordia, o amor fanse palpables. Pasa polo inferno da humillación, a inxustiza, a angustia, o medo, o tormento e a morte...enchendo todo de luz, poñéndolle cara nova á paixón e á morte. "Morre na cruz!". Non por gusto ou heroicidade, senón por amor. Chega a Pascua, ó Paso da Morte á Vida, "porque baixou, Deus exaltouno; porque se humillou, glorificouno e porque se anonadou concedeulle o Nome sobre todo nome. Non Servo, senón Señor". Ese é o misterio do Cristo Resucitado que se renova e revive no tempo, na historia, en nosoutros/as. Non son cousas/feitos do pasado. Todos e todas resucitamos e participamos da mesma vida/eternidade de Deus.

Ante esta feliz realidade (presente e futura), non lles parece que debemos brincar de ledicia e desexármonos felicidades!?. Felices Pascuas para todos/as!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES