Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións

viernes, 31 de agosto de 2012
Para case ninguén foi unha sorpresa que o Presidente Feijóo convocase eleccións para o próximo 21 de outubro, coincidindo coas eleccións vascas, argumentando o que lle pareza oportuno que para eso está no seu perfecto dereito de sinalar a data na que teremos que ir votar.

E o que debera ser exercicio do noso dereito máis elemental, no que deberamos poder escoller persoa a persoa os que consideramos mellor poderán defender os nosos dereitos só será elixir a papeleta que os partidos nos sinalen, ben sexa o actual partido no goberno coas aparentes vantaxes diante do electorado, como os da actual oposición que non poden negar que a decisión do Presidente da Xunta os colleu co paso cambiado, nun práctico fóra de xogo.

Só lles podemos pedir aos tres grandes grupos políticos de opinión, partidos ou tendencias, que escollan con xeito os seus representantes, para que non nos salla polo medio ningún deputado estrela que no colmo da inoportunidade política declare ao xornal de maior tirada de Galicia que gaña 5.100 euros ao mes e aínda así as pasa bastante canutas.

Cando se fala de cartos que - moitas veces, coma esta – é de mala educación, hai que ter moi en conta quen escoita. Porque esto escoitado polo director dunha gran empresa ou un político en exercizo pode parecer moi normal. Pero escoitado por un mileurista, un funcionario das escalas básicas co soldo recortado ou un parado coas prestacións agotándose é insultante.

E máis neste momento en que todos estamos naturalmente sensibles coa que está caendo, os brutais recortes que a todos nos afectan, e oa que aínda vai vir, mentras non existe a percepción de que as Institucións reaccionen a esta situación e continúe a vida administrativa e política como se esto non fose con eles.

O 21 de outubro temos que ir votar. É imprescindible votar, combatindo a natural desgana que todos notamos, agudizada pola sensación de que nada se soluciona de xeito máxico polo feito de que o noso voto signifique o apoio a unha ou outra maneira de pensar e gobernar. E o caso é que hai que votar porque non valerá de moito, pero a abstención –que se supón crítica ao sistema- vale moito menos na práctica e xoga en contra de todos nós.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania