Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

085

viernes, 31 de agosto de 2012
É un teléfono que todos temos que coñecer, pero que non deberamos ter que utilizar. O 085 é o teléfono para dar conta da aparición de calquera incendio forestal que, independentemente das súas dimensións, debe ser inmediatamente coñecido e atacado con todos os medios posibles.

Que os incendios coincidan de xeito especial co aumento das temperaturas e o tempo do verán, entra dentro da lóxica natural de producción de calquera tipo de accidentes, pero entran aquí moitos outros elementos ou circunstancias que fan que as queimas sexan totalmente imprevisibles.

Da orixe dos incendios levou a culpa moito tempo o desexo dos labregos de dispoñer de áreas libres para que medrase o pasto, pero a despoboación do rural debera ter eliminado os lumes. Tamén que fosen vinganza pola ocupación, hai décadas, de terreos en man común para as plantacións forestais. Ou porque a madeira queimada se pagase polos maderistas a precios moito menores. Así, moitos outros posibles argumentos que non se ven sustentados pola realidade que sen embargo reflicte lumes que xorden en varios puntos á vez, e hectáreas de monte que arden producindo danos sociais de imposible valoración.

Sempre se di que o importante é prever antes que curar. E neste caso a limpeza dos montes impediría a evolución dos incendios do xeito que se veñen producindo. E sen embargo seguimos gastando en extinguir, gasto necesario, pero non investimos abondo en prever, que é o que loxicamente debería plantearse.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania