Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Franco, ese home

viernes, 18 de marzo de 2005
Hai perto de corenta anos, nos finais dos sesenta, circulou polas pantallas españolas unha película titulada "Franco, ese home", que tivo un regular éxito polo que supoñía de achegamento da figura do dictador ó pobo que -en boa porcentaxe, aínda que agora ninguén queira acordarse- o idolatraba.

Franco era para os combatentes de Marrocos o "Dios pequeno"; para os ferrolanos, o sobrenome da súa cidade; para os españois todos, "S.E. el Jefe del Estado". E punto. Ninguén ousaba discrepar. Mesmo mentalmente, poucos estaban en franco desacordo co réxime imperante.

Morto Franco, hai xa tres décadas, os trinta e tantos millóns de españois -coa natural preocupación polo futuro- tivemos especial coidado en ir reconducindo a situación ata unha democracia á nosa maneira, coa que levamos andado un longo camiño.

E, de repente, aparece un monfortino -Ramón Pérez- que fisicamente é exacto a Franco, e comeza a sacarlle partido a situación. Porque as televisións (mesmo "A Primeira", que é de todos nós) descubríu que Franco pode ser un filón, suponse que político). E en Madrid organízase un forte conflicto político porque o Goberno decide retirar unha estatua ecuestre de Franco. Esto, cando no "Ferrol de Su Excelencia" como se dicía en relativa broma, desapareceu a monumental estatua da entrada da cidade e, en definitiva, "no hubo nada".

A estes alturas do século, da vida e do mundo, Franco é historia pasada hai moitísimo tempo, que debera estar tan enterrada no pasado como o cadáver do xeneral golpista o está debaixo de varios miles de kilos de pedra no Valle de los Caídos.

De "Franco, ese hombre", só se lembran os nostálxicos dun pasado que non foi mellor ca o presente; e os que queren borrar da memoria a súa existencia sen darse conta de que se o esquecen non teñen motivo ou enemigo contra o que loitar.

Sexa como fose, trinta anos despois da súa morte, Franco é historia. E os máis novos de entre nós teñen del a mesma referencia que os maiores teñen do Xeneral Primo de Rivera ou do tamén Xeneral Berenguer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES