Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O problema das preferentes

jueves, 30 de agosto de 2012
Levo tempo seguindo o tema das preferentes, e na medida que isto non se soluciona, cada día se complica mais para os depositantes, ate o punto, que a moitos deles vaille ser difícil recuperar o 100% dos seus aforros.

Vamos por partes para ver se pomos algo de luz neste asunto tan complicado.

Primeiro vamos ver que é unha preferente. Para entendernos, as entidades solicitan diñeiro os aforradores, sen o compromiso de devolverllo nin de darlle réditos, se é que a cousa vai mal. É dicir, non é un prazo, senón por tempo indefinido; tampouco se comprometen cos xuros, se non declaran beneficios, non están obrigadas a dar rendementos.

Se todo isto se lle contara claramente o depositante, serían moi poucos os que aceptarían este tipo de inversión. O que pasa, é que na maioría dos casos, o aforrador llo venden como se fora un depósito a prazo fixo, co gancho dun tipo de xuro de saída mais alto, e abusando da confianza, que ten nos empregados bancarios.

Aquí e onde empezan as trampas das preferentes, ao comercializar como depósito a prazo, algo que nada ten que ver co mesmo, dado que é un activo de alto risco, que non está sometido a prazo, nin ten compromiso de pagar xuros, e non está cuberto por o fondo de garantía de depósitos bancarios.

Se un se sorprende cando descubre a forma de comercializado, maior é a confusión, ca forma de contabilizar os mesmos, por así dicir depósitos, dado que as entidades emisores nos seus balances contabilízanos como se fosen recursos propios. Así, non nos sorprenda, que todas elas pasasen con soltura, os famosos tests estres, as que as someteu o goberno de Zapatero.

Cando vexo nas manifestacións dos afectados con tantas alusións o Presidente da Xunta, do tipo “Feijoo dimisión”, “Feijoo solución” ou “Feijoo culpable”, a miña pregunta é, non nos estaremos equivocando, o identificar os verdadeiros culpables deste tremendo desaguisado, digo eu: Gobernador do Banco de España, Ministerio de Economía e Facenda,Presidente do Goberno, responsables das entidades emisoras.

Na medida en que isto non teña solución, e as entidades, reciban diñeiro público, para ser saneadas, tal como así vai a ser, canto antes o inversor acuda, ben a xustiza ou o arbitraxe, mellor lle vai a ir.

A solución rápida e o arbitraxe, o meu entender, todo aquel contrato de preferentes, que teña defecto de forma, ou que se vexa que o inversor non ten coñecementos de activos financeiros de alto risco, nin comercializara con accións, a solución vai a ser favorable. A entidade ten que devolverlle o capital invertido así como os xuros correspondentes, mais difícil van a telo aqueles inversores que teñan firmado o contrato, e que se demostre que son coñecedores do funcionamento destes activos, ou ter invertido nas diferentes variantes dos mesmos. Na vía da xustiza, en liña, con estes mesmos argumentos, van a ter unha solución favorable, o que pasa é que esta vai a ser mais lenta.

Fai cousa de dous anos e medio, recibín a chamada do director da entidade onde teño os meus aforros, para ofrecerme un produto, destinado a clientes da súa estima, se podía que pasase por a oficina e que mo explicaba, así foi, escoitei con atención as explicacións do director, e logo chegou a rolda de preguntas. Preguntei por prazo, tipo de xuro, se tiña a garantía do fondo de depósitos bancarios ou en que parte do balance do banco se contabilizada. Ao ver que non me respondía con claridade, preguntei a como cotizaban as emisións anteriores, cal sería a miña sorpresa que estaban e torno o 70%, entón dixen que o entendía perfectamente, é dicir, que se eu veño por os meus cartos de cada 100 euros vasme a dar 70.

Despois dun breve silencio, desexeille un bo día, eu non son dado a dar consellos, pero díxenlle que este tipo de operacións ían a traerlle grandes desgustos e a perder os mellores clientes. E o meu pronóstico cumpriuse.

De todas formas o tema das preferentes acaba de comezar, a ver que pasa coas de Telefónica, que decidiu non repartir dividendos, e detrás virán o resto das emitidas polas grandes empresas deste país.

Foron tantas as cousas que se fixeron tan mal, que as súas consecuencias van para largo, e como sempre, os mais débiles son os que van a cargar co maior peso. O exemplo claro é o das preferentes, que ten atrapado o pequeno aforrador, il vai a ser o primeiro en contribuír ao desgoberno das entidades emisoras, cando os seus directivos se foron con indemnizacións millonarias e os políticos responsables deste desaguisado están a millas de distancia. Vivir para ver.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES