Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Edificios sen alma

jueves, 30 de agosto de 2012
Non é para nada comparable cos seres humanos, onde a discusión pode plantearse sobre se a alma se incorpora no momento da concepción, ou en calquera outro momento do embarazo.

No caso dos edificios debe e pode ser máis claro: a alma dun edificio adquírea, por contaxio, por ósmose, no momento en que unha persoa ou un grupo de persoas comeza a vivir nel. Así, seguindo o criterio marcado pola obra “Una casa no es un hogar”, un edificio convertiríase en fogar cando é o lugar onde vive unha persoa. Se non, é somente un edificio sen alma.

Na actualidade, cada localidade galega, por pequena que sexa, ten un edificio sen alma. Ou moitos máis. Edificios que se plantearon no momento en que todo era posible na construcción, paráronse bruscamente no decurso de 2008 ou 2009, e seguen conxelados –ladrillo e cemento- agardando por mellores tempos e diferentes aires.

Nestas construccións fantasmas, nas que o tempo parece terse detido, as grúas permanecen inmóviles, os peches provisionais do exterior convertíronse en definitivos, e ao seu arredor créase esa atmósfera especial das casas que deixaron de cobixar seres humanos e as forzas da natureza van minando os seus elementos exteriores.

Non perigan, polo de agora, as estructuras nin os paramentos destes edificios sen alma, pero ensombrecen o ambiente, e son recordo permanente do fracaso persoal e empresarial de moitos que se creron emprendedores e promotores e hoxe ven abandoado o froito dos seus soños.

Cando estes edificios volvan á vida, saberemos que as cousas están cambiando, que os brotes verdes son posibles. En tanto, seguimos nunha longa noite de pedra construída, na que a alma non chegou a entrar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES