Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rescate

miércoles, 29 de agosto de 2012
Xa se fala de que en setembro se vai pedir un rescate –devaluado ou non- para España como solución a unha situación que non deixa de empeorar.

Sen que exactamente se saiba en que pode consistir un rescate e as consecuencias que unha situación así vai comportar, os gobernantes viñeron negando rotundamente a posibilidade de que o país necesitase ser rescatado, porque a situación estaban perfectamente controlada.

Unha e outra vez fomos convencidos de que era totalmente imposible que se fose solicitar unha actuación así. Ata que a situación das entidades bancarias e de aforro evidenciaron a necesidade de acudir a Europa en demanda de auxilio económico.

Independentemente da conveniencia ou non dese rescate, xa non son tan rotundas as afirmacións, xa se plantea para setembro a necesidade de acudir a un rescate blando, e xa unha entidade extranxeira ousa adiantar o tempo e o xeito en que no próximo mes se vai producir o que antes tanto se temía e agora se vai dando por descontado.

Por decisións do goberno, que non quede. Por tentar aumentar a recaudación, tamén. Falta a decidida restricción en determinados gastos. E, desde logo, explicar con claridade a situación, o camiño e as condicións nas que imos camiñar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES