Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

"Promoción da Terra 2005"

viernes, 18 de marzo de 2005
Isidoro Rodríguez Pérez, investigador e estudioso do folclore galego e fundador da A.C. "María Castaña" (Lugo), recibindo o premio "Promoción da Terra 2005" das mans de Xesús Mato, membro da Irmandade Moncho Valcarce, na xuntanza e cea que celebran os membros no cabodano do pasamento de Moncho, o crego das Encrobas. Este ano, coincidindo co 12º aniversario, celebrouse unha garimosa homaxe ó poeta da Terra Chá, Manuel María.
A pasada fin de semana, nun hotel dos arrabaldos da cidade de A Coruña, ó remate dunha masiva cea, organizada pola Asociación Cultural "Irmandade Moncho Valcarce", na que participaron 140 socios e amigos de Moncho e da Irmandade, foron entregados os diplomas e bustos (coa figura de Moncho) que na súa honra e lembranza se veñen otorgando a persoas e colectivos que destacan polo seu labor de promoción da cultura e defensa da Terra. Nesta 12ª edicción acadaron os Premios: Promoción da Terra, Isidoro Rodríguez Pérez, fundador da Asoc. Cultural María Castaña de Lugo e o da Defensa da Terra o Colectivo "Obradoiro da Historia" de Ordes (A Coruña).

Despois da lectura da acta da concesión dos premios e dunha resume dos méritos dos galardoados, foron entregados os premios e diplomas aos que lle segueron unhas verbas dos homenaxeados e doutras persoas e grupos que desexaron participar. De seguido, celebrouse unha sinxela, garimosa e moi sentida homaxe póstuma ó poeta Manuel María, un dos premiados nas primeiras ediccións e amigo de Moncho e da Asociación. Entregóuselle un ramo de frores, de parte da Asociación, e unha rocha (coa figura de Moncho) feita polo Grupo de ecoloxistas das Pontes, á súa viuva Saleta.

Coma adoitan facer en todas as edicións celebradas pecharon o acto os membros do grupo "A Quenlla", amigos de Moncho desde vello e dous (Mero e Mini) tamén premio "Promoción da Terra".

Entre os asistentes, ademais dos amigos/as de Moncho e da Asociación, estaban varios dos premiados en ediccións anteriores. Xulio Xiz, que cantou as marabillas de Isidoro fixo tamén alusión á rica participación e presencia de personaxes de Lugo premiados noutras edicións como foron o propio Manuel María, Isaac Diaz Pardo, Alfonso de Guitiriz, Gandoi ( o cura da bicicleta), Mero e Mini, Xesús Mato, Marisol Bravos os do Encoro do Navia, etc.). Tamén particiaron na cea e homaxes o escritor Manolo Rivas e o actor Xurxo Souto.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES