Os cheiros de Foz
Fernández, Suso - martes, 28 de agosto de 2012
A actualidade apesta. Digamos que os cheirumes son, dende hai anos, parellos ó discurrir de moitos días. Agora, con razón, a veciñanza queixase da depuradora; ulido que, mais ou menos, soportamos dende o día que foi naugurada e que rexeitara a maioría dos veciños, pois era doado prever o que ía ocurrir en emplazamento tan desafortunado, e do que a cotío advertían as xentes sabedoras do funcionamento e dos riscos destas instalacións.
O 21 de setembro de 2001, cando se barallaba o incrible proxecto de trasladar as residuais de Barreiros a Foz, cruzando a ría e, tras o tratamento oportuno, devolvelo ó mar, decíamos no xornal: Ninguén pon en dúbida a necesidade da actuación, pero a evidencia obriga a ser cautos e reflexivos e non permitir que tal feito deixe secuelas nefastas para o futuro de Foz, pobo que se afianza na súa vocación de veraniego e residencial. A beiramar é o maior atractivo destes pobos. E nós, dende hai anos, vimos masacrando o que temos de mais fermoso e polo tanto devaluando a que é materia prima na que se asenta a oferta dos nosos atractivos.
Non é fácil entender cómo o trebello, que ofrece a posibilidade evidente de danar o ambiente e os arredores, se sitúe en lugar de privilexio cando cumpliría a mesma misión dende calquera outra ubicación.O porto, que apenas cumple as funcións para as que foi concebido, no urbano forma un todo coa vila e constitue a súa paraxe mais atractiva. Hai que adoptar actitudes racionais e aplicar o sentido común sen correr o risco de deixar unha hipoteca mais ó pobo. Non destruamos o patrimonio máis preciado. Non sexa que alguen nos lembre aquelo do pintor Laxeiro: Qué pobo mais fermoso pero
¡qué carallo de xente!
Eso decíamos hai mais de 10 anos e mantémolo. Rexeitamos por igual o cheiro da depuradora que o que sae das palabras demagóxicas e contaminadas dos que no seu día foron defensores e co-autores da desfeita e néganse agora a que se corrixa o que é símbolo de auténtica barbarie. ¿e aqueles que falaban de levar ó parlamento a deslocalización e agora queren que siga aí?; será que non viven xa sen o perfume ou pola estética visual, que os namora, en armonía coa piscina pegadiña?. Hai quen se pregunta se o que cheira realmente é o depurado ou a inmundicia ética de certos políticos

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora