Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Votar de lonxe

martes, 28 de agosto de 2012
Agora que en Galicia teremos que votar, están en cuestión os votos da emigración, que todos están conformes en que deben ser contemplados aínda que non do xeito que se ven producindo ata este momento.

Continuamente se está pedindo que o voto da emigración se efectúe en urna e non como ata agora ven sucedendo co denominado voto rogado.

Nun tempo no que a electrónica soluciona case todo e as institucións teñen medios para controlar os aspectos precisos para unha votación democrática, non é lóxico que os censos electorais da emigración non sexan fiables, que non se depuren duplicacións ou inclusión de persoas xa falecidas. Esta debería ser unha tarefa prioritaria, simultánea ás accións que se efectúen para a simplificación pretendida do elenco parlamentario.

Asígnense escanos especiais aos galegos da emigración, ou figuren como electores exteriores dentro dos censos de cada circunscrición provincial, o feito é que o censo dos votantes exteriores é un tema que non pode quedar sen abordar por máis tempo.

Votar de lonxe é problemático polas dificultades administrativas, polas deficiencias do censo, porque o tema non interesa abondo desde Galicia. E sen embargo, deberan poñerse de acordo todas as forzas políticas para conseguir dar solución axeitada a un anceio de todos os votantes de fóra, e á necesidade de que as institucións galegas sexan o resultado democrático do conxunto de vontades de todos os galegos.

Nesta próxima votación xa non será posible. Tomemos nota para a seguinte.



Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES