Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lagoa das Pontes

lunes, 27 de agosto de 2012
As Pontes merecía unha lagoa. E xa que non estamos en tempo en que un santo enfurecido asulague unha cidade por ser maltratado polos seus habitantes, moi ben resultou que se enchese de auga o grande furado provocado nas inmediacións do pobo por máis de trinta anos de explotación mineira extraendo lignito.

As Pontes recibíu nos anos cincuenta e sesenta a lotería de centos de postos de traballo, repercutida nun ben amplo contorno, coa conseguinte elevación do nivel de vida e as hipotecas da contaminación olfativa e ambiental.

E cando rematou a etapa de extracción do mineral, decidiuse restañar a grandísima ferida producida nas terras pontesas, con medio milleiro de hectómetros cúbicos de auga producindo unha artificial lagoa que provocará un clima novo na comarca. Que se antes xa o pobo tiña o embalse da Ribeira para deportes náuticos e a producción de enerxía, agora posúe unha magnífica masa de auga con magníficas perspectivas turísticas,
ambientais e de lecer.

A lagoa das Pontes é un moderno accidente xeográfico que ven modificar radicalmente, agardamos que para ben, a comarca das Pontes, paliando os danos que no seu momento veu producindo a actividade industrial. É un perfecto exemplo de cómo se pode contribuir a restaurar a normalidade ambiental, á vez que conseguir un novo elemento de promoción para unha comarca que ata agora foi un polo industrial cun importante papel de atracción en amplas zonas das provincias lucense e coruñesa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES