Alucinando en cores
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 27 de agosto de 2012
Sae o raio con forza dunha nube branca e cae sobre o corno dunha vaca negra. A vaca, ante o susto, pegou tal salto sobre a herba verde que foi caer sobre a lama dun regato con augas de cor marrón.
A nena loura que está coa vaca negra tangue axiña a outra vaca rubia e un burro negro para a casa que ten o tellado de lousa gris.
A nena loura, e sen deixar de chorar, déixase caer sobre a cama da súa habitación azul. Coa colcha de cor turquesa funga os mocos que lle colgan do nariz ao mesmo tempo que limpa as bágoas que lle caen duns ollos vermellos polas meixelas coloradas.
Pensa no raio de cor sangue e prométese que nunca máis volverá coas vacas para o monte nos días de treboada ou de tempo moi gris. Dórmese alucinando en cores.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora