Peaxes
Editorial - viernes, 24 de agosto de 2012
Nalgún momento tense especulado con que as autovías pasasen a ser vías de pago para contribuir a nutrir os orzamentos institucionais, sendo unicamente un sondeo para coñecer como reaccionaría a opinión pública diante dunha decisión coma esta, inaceptable a menos que as vías que poden sustituílas presentasen condicións axeitadas para a súa utilización habitual.
O tema contrasta coa liberación de determinados tramos de autoestradas que á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento lle custan arredor de vintecinco millóns de euros ao ano.
Non parece lóxico que unha liberación que beneficia a determinadas áreas xeográficas se faga repercutir sobre a totalidade dos galegos, e máis sensato parece investir esas cantidades e calquera outras en mellorar as infraestructuras viarias que complemente ou sustitúan ás vías de pago para que o uso destas sexa potestativo e non obrigatorio.
Peaxes sí, cando se poida escoller entre vías de pago e gratuitas. E sobre todo cando as vías gratuítas estean á altura do que se precisa nestes tempos e neste país.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora