Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morosidade

jueves, 23 de agosto de 2012
Desde 1994 non se coñecían porcentaxes parecidas de morosidade coma a deste momento, que superaba o nove por cento o pasado mes de xuño. Ben se sabe que morosidade é o impago diunha cantidade acordada, neste caso das amortizacións de créditos concedidos polas caixas de aforro e os bancos en tempos mellores para o consumo e o crédito.

Mentras non estalou a crise, a morosidade de comezo de século estivo arredor do un por cento, pero desde 2008 disparouse vertixinosamente ata chegar ao punto máis alto, nos datos coñecidos do pasado xuño.

Nun sector tan escrupuloso á hora de conceder créditos, que suceda algo así non só chama poderosamente a atención, senón que preocupa e non só ao sector máis directamente afectado senón en xeral polo mal síntoma que proporciona sobre a situación económica do país.

O sector está pagando as consecuencias da irreflexiva concesión de créditos nos anos anteriores ao estoupido da burbulla inmobiliaria, que producíu boa parte dos problemas que teñen as institucións financieras, e a resultas, todos nós.

Pero a alza da morosidade é aínda máis que o mero termómetro da marcha económica do país, é tamén espello fiel da problemática das familias e pequenas empresas que teñen problemas para facer fronte a unhas obrigas cada vez máis onerosas nunha situación que non fai máis que empeorar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania