No Parlamento
Editorial - miércoles, 22 de agosto de 2012
Posiblemente, ao Parlamento fáltalle unha boa explicación de cara ao exterior para que entendamos o que está pasando nestes tempos de dificultades.
Había unha cafetería, que parecía cumprir os obxectivos que se piden a unha instalación complementaria coma esta, para facilitar refrixerios E solucións económicas para comidas de traballo. Pero parece que non era abondo, e desde agora hai un comedor con mellores dotacións.
Neste agosto onde parece que as novas se gardan especialmente para setembro, sucédense as informacións sobre os soldos dos deputados, as súas dietas e viáticos, as compensacións que reciben e as exencións fiscais correspondentes, que se non son desmentidas ou matizadas- veñen quentar un agosto cheo de calor, para un outono electoral ou non- no que o traballo informativo se evidencia complexo.
Posiblemente non haxa moito de que informar, nin as informacións teñan moito que rectificar. Entón, o que ten que rectificar, é o Parlamento como institución e acomodarse ao País e aos tempos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora