Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traballo ben remunerado

lunes, 20 de agosto de 2012
Nos tempos en que se ofrecían postos de traballo a través de anuncios nos medios informativos, explicábanse as excelencias de cada posto para conseguir despertar a atención dos posibles candidatos.

Así, ademáis da remuneración, mencionábase o horario, as vacacións, as obrigas no desempeño da función, e os requisitos para acceder á praza en cuestión.

Nestes requisitos mencionábase a titulación, idade, e outras características, para evitar as pretensións dos candidatos non idóneos.

Co cambio dos tempos, as esixencias son cada vez maiores, cada vez son menos as ofertas e cada vez hai máis candidatos. Agás nun terreo, a política, onde para postos ben remunerados só se require formar parte dunha élite que vai conformando os aparatos dos partidos e situándose nun entorno do poder para acceder ao posto que se tercie no momento máis axeitado.

Bótase en falta unha selección previa en base ás condicións do candidato, unha esixencia de determinadas especialidades, xa non digamos unha acreditada experiencia nos eidos nos que se vaia participar. Ai temos un dos problemas principais da actual clase política, que lle toca exercer a súa función en difícil momento no que se esixe a todos unha maior disponibilidade, maiores coñecementos e maior empeño no desempeño de calquera función mesmo da máis humilde.

Ninguén dubida que o traballo dos políticos está moi ben remunerado, xa que as mesmas institucións que gobernan e das que forman parte teñen unha especial autonomía económica, derivada da súa alta función. E esto entra nunha espiral perigosa, difícil de corrixir, que é a vertente que os cidadáns notamos como diferencia á alza, que non é bo para ninguén.

Imponse un cambio radical en comportamentos e situacións. Ogallá de esta crise aprendamos unha lección que nos valla para o futuro, e sallamos reforzados económica, social e moralmente, para seguir camiñando polos vieiros democráticos do século XXI.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania