Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chover a gosto de todos

miércoles, 16 de marzo de 2005
Adóitase considerar que o falar do tempo supón nunha conversa a inexistencia de outros temas comúns, pero tamén se estima que é bo xeito de comenzar a dialogar para chegar a contidos máis profundos.

Non é que non haxa outros motivos de conversa ou xuicio nestas xornadas de mediados de marzo de 2005, coas especulacións sobre as listas electorais do PP, o lanzamento da campaña "Touriño Presidente", o Bng suspirando polo goberno vigués, a Brucelosis pendendo sobre a cabana vacuna galega ou o lavado de diñeiro que as bandas delictivas fan en todo momento e lugar.

Falar "do tempo" en Galicia parece obrigado cando despois dun inverno escasamente chuvioso nos chega unha primavera soleada e quente que fai anceiar choivas mesuradas que enchan os embalses e apaguen as sedes das xentes do campo que empezan a preocuparse pola situación meteorolóxica.

A foto do Kilimandjaro -ata agora con neves perpétuas- desprovista da súa protección, co cume núo, é todo un exemplo dos cambios que no planeta se están a producir pola acción humana descontrolada.

Galicia ten sona de terra de abundantes choivas, e froito delas é a vexetación verde que cobre todo o noso territorio. Ata agora. Se seguimos a ter primaveras veraniegas, veráns outonais, e outonos-invernos secos e fríos, posiblemente o noso contorno vaia mudando.

Xa se sabe que esto non é tarefa dunha persoa, nin siquiera dunha colectividade do tamaño da galega. É traballo de todo o mundo, considerado como a gran comunidade.

Pero algo se poderá facer nunha comunidade verde e chuviosa que só ten nestes momentos reserva de auga de beber para seis meses, e na que -como chove tanto- desaprovéitase o 74% da auga que cae do ceo.

Nunca chove a gosto de todos. Pero nesta ocasión a falla de choiva é motivo de preocupación xeral. E o tema non se soluciona coas tradicionais rogativas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES