Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E se nos pasamos?

Editorial - jueves, 16 de agosto de 2012
Só se fala de recortar como se ata agora vivísemos unha frenética locura da que vimos de acordar. Nunha ben dura caída.

Trátase de recortar en todo, e por riba de todo. Non se trata de rendibilizar, de considerar intocables determinados temas, de contemplar excepcións en orzamentos específicicos. O que non rebaixa é que non ten conciencia social, nin de futuro, nin merece ser un gobernante neste país.

A rebaixa vense medindo por porcentaxes, completándoos coa cifra global aforrada. E do mesmo xeito que ata hai pouco tempo os orzamentos de calquera organismo – mesmo os estatais- experimentaban anualmente un incremento paulatino propio do principio de Arquímedes, agora todo funciona á inversa, seguindo o afundimento que rexistran os previsibles ingresos.

Ningún gobernante ousaría ser optimista no planteamento oficial, e calquera incremento orzamentario só se confía ao capítulo da recadación por multas, ingresos por turismo ou cuestións extraordinarias. Pero nada apunta cara a un melloramento, e aí está a estimación que ven de facer pública o Servizo de Estudos do BBVA, que afirma vaise recrudecer a recesión, cunha caída do PIB neste ano do 1,4%, seguirá o 2013 en signo negativo, e o desemprego ascenderá ata un terrorífico 26%. Esto, se Deus (Bruxelas) non o mellora, que non parece sensato confiar tan alto a solución de problemas tan domésticos.

Algún día terá que pasar esta necesidade de recortes, e pasarémonos nos axustes volvendo aos tempos que bíblicamente se chamaron “de vacas gordas” no que poder enfrontar o futuro con máis tranquilidade. Pero por agora non parece que ese sexa o problema e seguimos a apretar os nosos metafóricos cintos, persoais e colectivos, estrollando unha actividade que precisa expandirse para poder pervivir.

Normalmente, enténdese que o labor de goberno é o de posibilitar o posible, facendo parcialmente real o imposible, aportando ilusión e facilitando as accións particulares. Deso, neste momento, non temos absolutamente nada. Non nos pasemos, pois, cos recortes, para logo non ter nada co que reiniciar o sistema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES