Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Embaixadas

martes, 14 de agosto de 2012
Un dos maiores motivos de crítica para determinadas entidades autónomas veu dada polas popularmente chamadas “embaixadas” no exterior, camufladas como oficinas de apoio específico aos naturais de cada parte do Estado e aos intereses autonómicos.

Porque se algo conserva o Estado como competencias en exclusiva están as de moeda –agora xa cedida a instancias superiores-, exército ou defensa, e relacións exteriores que por puro principio teñen que aparecer como unha unidade a todos os efectos.

Non é Galicia a comunidade con máis oficinas no exterior, pero aínda así hai trece embaixadiñas abertas ao dispor dos galegos do exterior, que ademáis ningunha comunidade coma a nosa para entender destes temas polo enorme continxente de convecinos que na idade moderna buscaron facer vida fóra das fronteiras nacionais.

Mentras os orzamentos o permitiron, o Goberno central veu facendo oídos xordos ao rebumbio desta acción exterior, pero agora que tocan a rebato coas restriccións vese chegado o momento de reconducir un tema que visto está que se desmadrou, e non parece mala medida que as embaixadas españolas no exterior acollan oficinas específicas de cada autonomía para ese tratamento específico.

Porque se cada ambaixada ten un encargado laboral, outro cultural, outro de temas comerciais... non parece mal que haxa coñecemento específico dos problemas de cada comunidade e das xentes que dela proceden se a economía o permite. Como primeira fase da reconducción dun tema difícil, non parece estar mal.

Polo que á Xunta se refire, xa estarán nestes momentos nas correspondentes embaixadas as oficinas galegas de París, Berlín e Estambul, ás que seguirán o resto por convenio co Ministerio de Asuntos Exteriores tentando aforrar un 66% do custo que ata agora viñan representando.

Non teñen estas oficinas porque ser menos eficientes por estar dentro das embaixadas, senón todo o contrario. E de cara á galería impedirá que pareza unha desmesura o que alomenos era ostentoso e demasiado gravoso para a economía xeral.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania