Autonosúas
Editorial - lunes, 13 de agosto de 2012
Cando apareceu o fenómeno das autonomías en España, un escritor daquela a contracorrente, Fernando Vizcaíno Casas, publicou Las autonosuyas para denunciar os excesos dun fenómeno que se evidenciou imparable.
Pasaron máis de tres décadas e tivo que chegar a crise das crises para que ata o Estado das Autonomías se puxese en solfa con críticas que nunca se tiñan escoitado e criterios que non afloraron cando sería o lóxico que afloraran.
Descobren agora os analistas que autónomía, verdadeira autonomía, só debían tela en España os territorios históricos como o País Vasco, Cataluña e Galicia. E mesmo aquela Cataluña de Blas Infante que entón aspirou á diferenciación. Ou Aragón, onde cantaba Labordeta aquello de que si antaño fuimos Reino, no nos dejan ser nación.
No seguinte século, descubrimos que o café para todos non foi unha boa receita, e que hai que reconducir un tema que entendemos non ten volta atrás pero si permite unha cruda racionalización, eliminación de duplicidades e restriccións racionais que todos apreciamos.
Veno de dicir María Dolores de Cospedal para toma de razón por autonomías levantiscas: Ninguén pode salvarse só. Esa é a cuestión, que agora todos estamos no mesmo barco, e ou todos remamos ao mesmo ritmo e cara ao mesmo rumbo, ou ven a desfeita.
As autonosúas de Vizcaíno Casas xa son historia. Pero temos que conseguir autononosas que nin nos arruinen nin teñan que ser rescatadas á parte do conxunto. Porque o sistema é totalmente válido no fondo. Só falla que as formas, os xeitos, a posta en práctica, sexa racional.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora