Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Modernos piratas do mar

martes, 15 de marzo de 2005
A piratería foi sempre unha actividade moi rendible, porque os botíns que se transportaban por mar compensaban de calquera risco e investimento, e algunha monarquía houbo na que a Súa Graciosa Maxestade protexía e premiaba o labor destes destacados salteadores.

Hogano, segue a haber piratería aló polos mares do sur, e non é extraño que aparezan de cando en vez novas sobre tal ou cal expedición turística ou de traballo, que foi abordada por un barco pirata causando danos en vidas ou facendas.

Pero hai outra piratería moderna e consentida ou protexida, na que algunhas nacións se basan para protexe-los seus presuntos dereitos de propiedade da pesca máis aló das duascentas millas que internacionalmente se recoñecen. Foi o caso de Canadá hai uns anos, sufrido directamente polos pesqueiros galegos.

Chile é outro caso no que -por aquelo de achacar ós demáis o que a un pode afectarlle- os galegos levamos tendo importantes problemas. Para eles, dúas ducias de modestos palangreiros galegos, adicados á captura do peixe espada, eran piratas, e polo tanto tiñan que repostar, cambiar tripulacións ou avituallarse ne Perú, xa que tiñan prohibido o acceso a
Chile. E eran piratas por non colaborar con Chile permitíndolles inspeccionar a súa carga e controla-lo seu labor pesqueiro.

Os galegos xa non somos piratas en Chile, por pertencer á U.E., non por ser parte "de la Madre Patria", pero seguiremos tendo problemas para descargar ou transbordar a pesca que os nosos barcos consigan a tantos miles de kilómetros de distancia.

Eu non sei quen son os piratas aquí. Os galegos, non. Os galegos sempre fomos sufridores de piratas do mar, fosen ingleses, canadianos ou normandos. Neste caso, hispanoamericanos.

Posiblemente a creación da Axencia europea do Mar, e a súa situación en Vigo de Galicia axude á desaparición da piratería por este occidente, e -se fose posible- polos lugares onde chegan os pesqueiros e pescadores deste occidente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES