Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ás oito da tarde

lunes, 13 de agosto de 2012
Potencia no fento que agroma mentres o sol acocha pola lomba do oeste. Cada lagartiña camiña polos carreiros que furgan por entre toxeiras de señardade. E queda o canto do grilo flotando por entre o valse dun concerto de verán.

Reflicte o sol na auga do río e a cor da inocencia acouga no penedo gravado con catro signos redondos. Quen aturuxa por entre os amieiros de Barricobos? Ante o berro, un burro ergue a súa cabeza e ornea coa cabeza para poñente.

Tocan as campás da torre da igrexa as oito da tarde e tres vacas, un burro e unha ovella xúntanse no medio dunha planicie e, sen que ninguén lles diga nada, inician a marcha polo camiño da Porfía.

Segue agromando o fento e o paspallás canta na memoria dun salgueiro que se move moi suavemente a causa do vento. Ás oito da tarde, unha parte do monte queda en silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania