Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marte, hoxe

viernes, 10 de agosto de 2012
6/8/2012, 8:30 h. Hoxe, ó mesmo tempo que un incrible enxeño chamado “CURIOSO”(?) chega as 7:20 a Marte, o meu espertador falla. Nembargante, media hora despois, algo me esperta violentamente. Corro á Radio e á Televisión pero, igual que lles pasa coa vida, elas adícanse xa a outra cousa.

Por fin, en EuroNews sae fugazmente a imaxe dunha multitude científica abrazándose, entolecida pola ledicia. Chegaron, penso: unha vez máis chegaron pero máis definitivamente que nunca. Pronto Marte non será obxecto de astronomía. Por fin o Home sae de si. Pouco despois vexo imaxes que semellan tomadas xa (?) polo “Curioso”. En pequenos coios que aparecen no chan, ó lado do Curiosity, numerosas imaxes arredondadas implican esferoides que, a súa vez, revelan rodamento en auga e, polo tanto, XA algunha posibilidade de vida.

Obama calificou deseguida ó “amartaxe” -con perdón- de fazaña tecnolóxica sen precedentes. Pois claro. Pero non so tecnolóxica, senón científica, astronómica, imaxinativa, sociolóxica, biolóxica, histórica, futurible, filosófica, humanística, incluso práctica e relixiosa; e sober de todo moi humana. A Historia enteira da humanidade está alí colaborando sen Colóns nin Américo Vespucios que valga; ninguén se escapa a esto. Tampouco ninguén se escapará xa en adiante de ser algo distinto.

Dende un punto de vista máis práctico, pode que, igual que unha pota con auga fervendo explotaría se non se lle puidera quitar a tapa, á pota con homes que é a terra pode que xa nunca explote pola súa causa. O “Curioso” non so viaxou 567 millones de kilómetros prohibidos senón que levantoulle a tapa a pota.

Verbas cegas coma “crecemento”, “globalización”, “benestar” etc. pode que vaian tendo xa algún senso.

Algúns periodistas comentan a noticia partidos de risa; o seu enseño resulta agora especialmente ridículo. Tamén aquí o CURIOSO fai o seu papel: poñer a cada un no seu sitio.

Outra xente, inda máis ociosa, practica un extraño excepticismo: se o home non chegou a lúa, ¿como coño vai chegar agora a Marte?, dicen.

Dende logo non todo o mundo ten folgos para chegar ata alí.
A evolución exponencial do Home pode que nos dé pronto unha maiúscula sorpresa.

Esta é a noticia máis importante e máis local imaxinable.
Entre tanto, a ver se os políticos aprenden xa a facer as súas modestas tareas aritméticas, ou teremos que convocar oposicións.

Ás nove do 6/8, igual que o espertador e a estación meteorolóxica, o meu e-mail - pese ó letreiriño de éxito que Orange me puxo na pantalla- tampouco funcionou. Previa intervención dun informático, aproveito pois agora a ocasión, noventa a seis horas despois, para mandalo algo retocado a Galicia Dixital. Fodeuse a primicia dos coios.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES