Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre as empresas

viernes, 10 de agosto de 2012
Sobre as empresas
(De Lugo e de toda Galicia)

Este agosto estou fóra de Lugo, non tendo coñecemento diario de cales son os problemas que se detectan entre os lucenses, aqueles que preocupan aos nosos gobernantes e que provocan os estudios máis concienzudos e os debates máis encendidos nas institucións que nos representan.

Como deixei de ler a prensa local, o xornal que recibo trae a edición coruñesa e só capto as emisións nacionais de radio, vendo moi pouca televisión, pois de Lugo só me entero do tempo climático e non, por exemplo, do tempo laboral ou empresarial.

Cando eu vin para Lugo hai case medio século, as dúas maiores empresas empleadoras eran Frigsa, Frigoríficos Industriais de Galicia, e Abella. E despois, a gran distancia, Droguería Central, Librería Imprenta Celta, e outras varias que teñen en común que todas desapareceron tragadas polo tempo e pola evolución social que as eliminou. Especialmente chamativa é a desaparición das dúas maiores, dedicadas á comercialización de productos gandeiros nunha provincia gandeira por excelencia.

Desapareceron estas e outras moitas empresas, sen que co paso do tempo fagamos máis que laiarnos das carencias que provocaron. Que aquí somos moito de lamentar, pero pouco de poñer grandes remedios aos grandes males que se nos presentan.

Recentemente foron noticias importantes para Lugo os problemas de dúas grandes empresas –para a dimensión do noso tecido empresarial- como a promotora Cinur e Fundicións Pardo, dous casos sobranceiros nun conxunto de pequenas empresas que teñen problemas das que a inmensa maioría pechan as portas por non poder abrilas, e os traballadores van directamente ao paro, paro que moitas veces tamén afecta aos pequenos propietarios, autónomos emprendedores que cansaron de emprender.

Non hai máis que andar por Lugo (e por calquera poboación e cidade galegas) e mirar ao arredor os letreiros de locales que se venden ou se alugan, portas que pechan e comprobar que non hai novas portas que se abran.

Podemos laiarnos agora ou no futuro, pero alguén debera ter algunha iniciativa en este campo e neste tempo, polo que transitan con graves dificultades moitos pequenos empresarios a piques de tirar a toalla diante dun panorama que non leva trazas de mellorar.

Xa digo que estou desconectado da actualidade diaria e non sei se nas entidades, asociacións, gobernos, existe anguria por este tema, ou se un comité de expertos está estudiando a situación, e un gabinete de emerxencia propón medidas de salvación e campañas axeitadas para poñer remedio. E refírome a Lugo, a calquera das outras capitais, a todas as poboacións galegas en xeral.

Se así non é, agosto pasa nun suspiro, e en setembro comeza o outono. E se o verán está sendo quente, o outono daranos moito máis que sudar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES