Extra
Editorial - viernes, 10 de agosto de 2012
Despois do acordo do Goberno de suprimir a paga extra do Nadal de todos os funcionarios públicos, e como o único que cabe é acatar a orde, pouco hai máis que dicir que cumprir aínda que sexa a regañadentes- o disposto ao efecto.
Que en xeral os funcionarios comprenden a medida e aceptan esta merma dado o estado xeral da situación e sempre que todo o aparato do Estado se acomode a unha disciplina similar.
Os funcionarios da Administración Xeral e das Autonomías enténdese que, directamente involucrados no tema, non teñen ningunha dúbida de que se vai producir esa supresión. E os dos milleiros das administracións locais, tendo en conta que non acatar esta norma constituiría desacato e calquera acordo en contra sería impugnable e nulo, parece que non terán problema en que sexa cumprido.
Pero hai algúns concellos que buscan compensar aos seus funcionarios a perda económica sufrida de xeito que poidan burlar a norma, situándose nun terreo esbaradizo e perfectamente discutible ou alomenos reprobable por moito que estimen que a decisión perxudica aos traballadores. A todos, non só aos seus, que non son diferentes a todos os demais.
E agora é a hora deses cargos políticos locais, que pola autonomía municipal- non están comprendidos na disposición xeral pero que, por vergoña e sintonía cos funcionarios, deberán renunciar aos seus emolumentos extraordinarios, proporcionándonos un atisbo de por onde teñen que ir as cousas para que a clase política recupere o respecto e agarimo popular.
A Extra do Nadal é moito máis ca unha perda económica dos funcionarios. Vai ser pedra de toque para comprobar ata que punto aínda é posible reconciliar ás administracións á clase política- co país.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora