O San Lourenzo de 1947
Fernández, Suso - miércoles, 08 de agosto de 2012
OLLANDO O PASADO
Tres días de festa ( 9, 10 e 11 de agosto) para celebrar o San Lourenzo de hai 65 anos. Eran os tempos miserentos da posguerra, nos que se daban tódalas carencias, aínda aquelas mais elementais para a supervivencia. A Banda de música de Santa Marta de Ortigueira, dirixida pola batuta do mestre Rebollar e a Banda Pascual Veiga de Mondoñedo amenizarían as dianas e alboradas, os concertos (algún anunciado como sinfónico) e as verbenas ó longo das tres xornadas. Os Cuartetos Rexionais, acompañarán por las calles de la villa y barrios anejos a los Gigantes y Cabezudos, los que con sus bailes y pìruetas harán el regocijo de la población infantil.
Sesións de fogos de artificio e de praza, aire e auga lanzarán sus luminarias mientras el espacio es rasgado por magnífica lucería de voladores y ráfagas de mortero, iluminándose vivamente por los destellos de bengalas en paracaídas.., así como milleiros de bombillas multicores que iluminaban a Rambla e poñían luz e cor no marco dunhas festas celebradas con mais ilusión que medios. O mestre Lugilde, que ten rúa na vila, de gran destreza para os traballos manuais, era o artífice da iluminación colorista: faroliños, guirnaldas e as mais insólitas figuras penduraban dos cables eléctricos.
O mar asteleiros, pesca e cabotaxe, conserveiras-era o pivote sobre o que xiraba a vida social e económica de Foz, e polo tanto a celebración festeira reflectía tal peculiaridade; daí que no programa figure unha Gran Festa Marítima con regatas de traineras, que en reñida y noble lid, disputarán el Gran Trofeo Dalo; valiosos premios en metálico.
Non faltaban, na dársena, a natación, cucañas, regatas de tinas, a caza do pato e demais. Asimesmo celebrouse unha Festa Popular con carreira de cintas, de burros e en sacos, con importantes premios económicos.
Como complemento ó divertimento festeiro, o Salón Cageao anunciaba grandes bailes, amenizados por las afamadas orquestas Ritmo", de Mondoñedo y Sobrino, de Betanzos, con sus bellas animadoras. Pola súa banda, o Cine Cageao, proxectaba a película Historia de un gran amor, protagonizada polo cantante mexicano Jorge Negrete, ídolo das masas, no cenit da popularidade pola boda con María Félix, actriz de sensacional beleza. Tamén o salón Rosalía Castro ofrecía grandes bailes coa Orquestra Sycora Boys de Grado (Asturias).
Dos 48 anuncios comerciais, de outros tantos negocios focenses, que figuran no libro só sobreviven dous: Ferretería Fuente e Longarela.
O gran número do programa festeiro eran as regatas de traiñeiras, que espertaban auténticas paixóns, e nas que participaban representantes de varios portos da Mariña e de Asturias. A única colaboración literaria é o fermoso artigo de Trapero Pardo titulado Quillas de traineras en la ría de Foz , e comeza así
Foz celebra la fiesta del santo levita con música, fuegos, danzas
Mas para una villa marinera, el mar ha de ser fiesta principal
É o signo dos tempos, díse. A simboloxía daqueles podería estar no arado romano e o anaco de pan mouro do racionamiento; hoxe acaso no Ave, a Internet, as festas gastronómicas e o idioma inglés.O que vai de onte a hoxe
!.

Fernández, Suso