Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galeguizar Galicia

miércoles, 08 de agosto de 2012
Esta é a divisa dun grupo de entidades que ten como única misión acrecentar o discurso do galeguismo con propostas innovadoras alén dos lindes da tradición literaria. Para acadaren os seus obxectivos estes colectivos utilizan dous medios de comunicación compartidos: www.galeguizargalicia.tv e www.galeguizargalicia.com .

En ano e medio a canle de televisión foi visitada por 30.000 persoas; a incidencia a través de facebook é de 62.000 visitas, e os videos en Youtube foron visionados 5.000 veces. A importancia da incidencia social non ten dúbidas.

Se aínda non coñece as propostas que se fan a través destes medios, invitámolo a que as coñeza. Sorprenderase; porque as iniciativas e as accións desenvolvidas mobilizan a centos de persoas. Procurase incidir en distintos ámbitos: no xurídico e xudicial; nos espazos de lecer e festeiro; no medio natural e o restauro do hábitat rural; na galeguización de empresas e produtos agroalimentarios, nomeadamente no sector vinícola onde os avances foron considerables; no sanitario e funcionarial, sen descoidar o rescate daqueles personaxes históricos, pero descoñecidos, que tan decisivos foron para a formación da nosa identidade como exemplos a imitar.

Este labor diverso no fomento do uso da lingua galega vénse facendo ininterrompidamente desde hai trinta anos. Período que nos deu experiencia e coñecementos para formularmos estratexias e artellar equipos humanos. No noso libro de estilo a pedagoxía social é un medio que orienta as nosas actividades para que estas sexan eficaces e transformadoras. O resultado do traballo realizado avala esta nosa maneira de facermos País.

Non forman parte do noso estilo os laios vitimistas, o resistencialismo nin as confrontacións inútiles. O noso empeño é contaxiar entusiasmo a todos os sectores sociais para galeguizar Galicia.

Activar esa galaxia de asociacións e fundacións require un equipo sólido e plural de persoas que desenvolven as súas actividades profesionais en distintos ámbitos. Imaxinen ese equipo formado por funcionarios, xuristas, xuíces, empresarios, adegueiros, profesionais da sanidade… e os reitores das tres universidades galegas. Un grupo variopinto que decide as orientacións para manter encesas as moitas actividades que se realizan ao longo do ano. Persoas capaces de deseñar e planificar estratexias acertadas de verificable eficacia social. Formar un colectivo destas características é a mellor garantía para a credibilidade da marca Galeguizargalicia.

Na cerna deste equipo directivo hai persoas que desempeñan un labor decisivo. Isto sempre foi así en calquera tempo e actividade cultural. Lembro as apalabras de Otero Pedrayo no seu “Libro dos Amigos”: “Noguerol foi no Galeguismo o arbitrista, o financiero, o home de trazas e recursos precisos para sacar adiante unhas eleccións ou a edición dun libro”. De vivir hoxe e coñecer a Carme P. Vaquero don Ramón seguramente diría o mesmo desta funcionaria do Concello de Redondela. Eficaz, intelixente e sagaz coma poucas no movemento asociativo galego, capaz de facer posible calquera proxecto sorteando todas as dificultades para a súa realización. Compartir con ela todos os proxectos nos que estamos empeñados é garantía segura de éxito.

E se importante é o labor de Carme, non é menor o de Pío García, realizador e creativo audiovisual, que fai posible que todas as mensaxes da galaxia Galeguizargalicia cheguen aos milleiros de seguidores con formatos atractivos e documentais de impecable e fermosa realización.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES