Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De cores

miércoles, 08 de agosto de 2012
Y por eso los grandes amores
De muchos colores me gustan a mi,

Como propón a fermosa canción popularizada por Joan Báez e Nana Mouskouri, gústame a policromía. Gústame vivir nun mundo cruzado de ideas. Ideas boas ou malas, pero ideas que teñan sempre a opción de ser valoradas polo pobo, sabendo que en democracia só el é quen de aceptar ou rexeitar opcións.

Cando o pobo elixe aos seus representantes, vístese das súas propias cores, e reafirma nelas, as cores do futuro. O pobo elixe pois, ser plural ou singular, revisando cada catro anos a súa elección.

O problema vén cando a vocación de servizo se perde e se converte nunha “vocación de vicio”, que leva ao cargo público a querer manter o seu status por riba de quen sexa. Dito doutro xeito: o problema non é o número de representantes, se non as súas dietas. Se neste país ninguén recibe compensacións por ir a traballa, por que eles si? Por que hai que darlle un portátil e unha tarxeta de viaxe a cada deputado? Por que os que menos destacan acaban en institucións prescindibles cun salario desorbitado? Por que non se lles esixe produtividade aos representantes do pobo? E sobre todo, por que ningún plan de austeridade os tira da órbita elitista na que se acomodan?

Unha perda de valores a escala global non se vai solucionar reducindo democracia, sobre todo non se vai solucionar eliminando ideas da contenda política; menos aínda reducindo concelleiros de localidades pequenas que, desinteresada e gratuitamente, traballan polo seu pobo 24 horas ao día.

O que si solucionaría esta perda de valores é, por unha parte, a eliminación daquelas institucións que teñen demostrado a súa ineficacia: Senado, Consello de Estado, Deputacións, Delegacións e Subdelegacións do goberno, etc; e por outra parte, a delimitación por lei do salario a percibir por cada cargo, impedindo que cadaquén se asigne o que lle dea a gana.

O resto son gañas de impoñer un mundo dunha soa cor, ao que lle sobra o mosaico das ideas.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES