Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A burla do cabalo

lunes, 06 de agosto de 2012
Rincha o cabalo segundo trota por entre as toxeiras do Outeiro Barbeiro. Cando chega ao alto, bufa, patexa e, todo pachorrento, ponse a pacer.

O vaqueiro que asoma pola parte do Río Vello leva unha longa corda na man. Anda amodiño para non asustar ao cabalo. Pero ten a mala sorte de que, dunha silveira, sae voando unha merla e faino con abondo barullo. O vaqueiro maldice para si, mira para o cabalo e sabe ao momento que non o vai coller.

O cabalo xa está mirando para o home e, coma se o entendera, lánzalle uns vigorosos movementos de pescozo ou de cabeza, ao mesmo tempo que ergue o rabo, pega outro rincho e inicia o galope con destino a Detrás das Poulas. Coma se lle dixera ao vaqueiro: bícame no cu que teño paxariños. O home senta no chan, canso e coa rabia debuxada na súa cara.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania