Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O traballo, polo que vale

lunes, 06 de agosto de 2012
En tempos de bonanza as campás soan ledas, e non se fan cálculos do que hai que pagar, do que nos custan determinados servizos, da repercusión que nas nosas economías teñen as estructuras que mantemos. Pero en tempos de crise, todo se pon en cuestión.

É o que ocorre nestes tempos, en que diminúen de xeito drástico os ingresos e polo tanto hai que someter a cálculo os gastos, tendo que prescindir do que teña o mínimo viso de superfluo. E se esto ocorre coas economías particulares o mesmo ven pasar coas economías colectivas ou, o que é o mesmo, coas contas das institucións públicas onde repercuten do xeito máis directo os problemas que acucien aos particulares dos que aquelas se nutren.

Mentras non houbo que facer economías, os orzamentos dos organismos públicos sempre tenderon á alza, e cada ano superábase nunha determinada porcentaxe os do ano anterior. Non pasaba nada, porque se os gastos se incrementaban de xeito notable, os ingresos responderían a ese aumento polo dinamismo económico que favorecía un incremento continuo.

Ata que chega o momento en que non só se produce un parón tremendo senón que se impón unha paulatina rebaixa nos gastos que os ingresos se encargan de marcar xustamente.

E ponse en cuestión calquera tipo de gasto, especialmente o que se refire aos de persoal, cargos de confianza, desplazamentos, dietas e mesmo soldos dos políticos que eles mesmos se encargaron de marcar coa maior das alegrías en tempos nos que as contas públicas o permitían.

Neste momento, ese traballo ao servizo da comunidade ve aquilatada a súa rendibilidade e os seus custos, de maneira que se fai cuestión dos importes antes alegremente acordados, que agora vai haber que revisar.

O traballo, polo que vale, parece ser a máxima que vai rexer nas relacións futuras entre empleadores (publicos) e empregados (políticos). Cun novo factor que incidirá de xeito certo: as posibilidades da institución, en franca decadencia, que obrigará non a traballar máis senón a cobrar menos e mesmo deixar de facelo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania