Albariño
Editorial - viernes, 11 de marzo de 2005
A denominación oficial é "Rías Baixas", pero os consumidores piden "Albariño".
O Albariño é un viño doce, con sabor a froita, delicioso, que se toma frío, e que costa moi caro. O degustador non ten porque saber nada máis, e xeralmente non o sabe.
Que a maioría do Albariño proceda da zona das Rías Baixas, é lóxico, porque alí está o seu berce, e alí hai centos de medianas ou pequenas empresas productoras deste viño, en tempos considerado normal e agora, polo traballo de selección e pola promoción, elevado ós máis altos lugares da consideración e, polo tanto, do custo.
Pero Albariño tamén o serven no norte de Portugal, onde con uva "Albariña" producen un viño que ten parentesco directo cos viños verdes, alomenos por procedencia, e ninguén se escandaliza.
Agora, no Ribeiro, tamén se queren apuntar ó rumbo ascendente do Albariño, e van producir -aínda fóra do que se consideraba ata agora a súa xeografía natural - este viño imparable en canto á súa estima e cotización.
E a trifulca que se está armando promete ser sonada, cando non é para tanto.
Teno moi claro a Irmandade dos Viños Galegos, cando afirma que defende "a cualidade" por riba de todo, e esta "cualidade" é a que vai decidir hoxe e sempre o gusto do mercado, especialmente nun tema coma esta que se percibe por catro dos cinco sentidos.
O mercado, os consumidores, os degustadores, seguirán consumindo cada vez máis viño Albariño. E a calidade será o que decida a pervivencia das marcas existentes, ou das que poidan aparecer agora ou no futuro. Nesto, o consumidor é soberano. E decidirá ben, ¡seguro!.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora