Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os normandos e a queimada

Fernández, Suso - viernes, 03 de agosto de 2012
Xosé Paleo, gran facedor da revolta vikinga, sabendo que son os coñecementos os que poden salvar as situacións, nomeou un comité de expertos para o estudo da historia e a cultura autónomas, por ver se seguen esquecidos aspectos que podan aflorar e colaborar a sair do buraco. Puxo ó fronte do grupo a Paco Piñeiro, polifacético da cultura e home honesto e xeneroso, e xa agroman os froitos: por de pronto deron ca que poidera ser a solución a unha vella inquedanza do pobo galego: a orixe da “queimada”.

Conta o relato, ollado en documento celosamente agochado, cal valioso Códice Calixtino, que na época das invasións normandas, para avisar á catedral de San Martiño, e que don Gonzalo non fose sorprendido, prendíase lume no Cabo de Burela; logo no Coto do Faro, sobre Cangas e Nois, despois no Castro de Fazouro e, por último, no alto da Grela, pretiño da capela do Bispo Santo, pois dalí xa se divisaba San Martiño.

Certa vez que, por estar o vixiante do castro cumprindo cos deberes matrimoniais, nos que ninguén podía sustituílo, pois corría o risco de que, polos cornos, o confundiran cun vikingo, esqueceulle mercar material para facer o lume. Entón, ó ver que o lumieiro xurdía da parte de Burela avisando dunha invasión, tivo a idea de recurrir a unhas barricas que contiñan a destilación de pelexos de uva do país, cepas albariñas traídas dende o Rhin, e plantadas polos monxes de Cluny en todo o feudo do arcebispo Xelmírez.

Era un alcol de bagazo, augardente, que recibía o nome de “raspa”.

O lume fixo efecto e os normandos non deron cos tesouros, ben gardados, Pero isto ía ter outra consecuencia: foi que ó chegar a terra, na praia de Arealonga, e organizar unha festa, costume vikinga, non deron co augardente, aínda que sí con outro licor que quedara de residuo do lume, e probárono. O efecto foi tan contundente que decidiron non voltar a terras galegas, a cambio da fórmula da deleitosa bebida.

O vixiante, que non sabía cómo chamar ó novo brebaxe, púxolle un nome en relación co obxetivo para o que o empregara o chamouno “queimada”, que chegou ós nosos días, e aínda hoxe nos rendemos á súa exquisitez. É iste o primeiro achádego das pesquisas que dirixe Piñeiro, do que Paleo se sente fachendoso.

Pode que o Desembarco Normando de Foz remate aclarando moitas dúbidas históricas, coma ésta das orixes da “queimada”. Seguro que, sen tardar, o audaz Piñeiro, e os seus, darán con outros ignotos documentos para mellor coñecer a verdade da nosa historia.. . Veleiquí a mostra.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES