Primarias
Editorial - viernes, 03 de agosto de 2012
Como en Galicia as campás intanxibles repican a eleccións, as forzas políticas con posibilidades de acceder ao novo Parlamento que se forme, velan as súas armas para tentar conseguir un resultado honorable sexan 75 ou 61 os postos a elixir.
Se no Partido Popular teñen confianza nas súas forzas, e ademáis en que se celebren os comicios na data que lle resulte máis favorable, e no Bng confian en que as disensións internas non produzan un desastre electoral, no PSOE soa a música das primarias para tentar conseguir un candidato se é posible de consenso- para afrontar o difícil reto que se aveciña.
Propón o polo de agora cabeza visible, Pachi Vázquez, a data do seis de outubro para a confrontación interna, e os posibles contendentes teñen todo o que queda de verán para desenvolver campaña e conseguir apoios.
Segundo os rumores que circulan polos ámbitos políticos, José Blanco, o ex ministro, está en todas as bocas e en moitas propostas para ser elixido representante e contender pola presidencia da Xunta de Galicia, aínda que nada se afirma ao respecto. Que en principio non parece mala idea, xa que o seu paso polo Ministerio dos investimentos e o seu contacto cos galegos parece orientalo cara este destino sempre que se vexa libre de problemas derivados de investigacións legais nas se veu involucrado.
Se a economía nos está a proporcionar actualidade animada e se prevé que o tema continúe, a política neste outono tamén vai proporcionar animación. Se é que máis animación fai falla. Todo sexa pola actualidade.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora