Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Autonomías

jueves, 02 de agosto de 2012
Neste momento en que todo se cuestiona, as autonomías son un dos temas en cuestión, e o certo é que algunhas hai que proporcionan motivos para calquera tipo de dúbidas.

Cando se organizou o estado das autonomías, instaurouse o sistema denominado “café para todos”, que non contentou a case ninguén, por exceso ou por defecto, dando autonomía a rexións ou provincias que nunca pensaran en solicitala. O mesmo Fernández Albor declaraba non hai moito que “ a regla de café para todos” fora un erro, por otorgar a mesma potencia e forza a territorios con lingua e cultura propias ca outros que nunca a solicitaran”.

Copiáronse estruturas do goberno central para artellar as autonomías, duplicáronse custos e servizos, e chegouse a este momento no que todo se valora e calcula, e que unhas autonomías loitan pola independencia económica, e outras polo rescate. Pero algunha das que máis autonomía desexa, ten que acudir aos fondos estatais para seguir a súa marcha normal.

Que outras comunidades autónomas con problemas manifestos acudan ao goberno central en petición de axuda, aceptámolo como o máis natural. Pero que a reivindicativa Cataluña solicite axuda produce unha situación extraña, máis se temos en conta que Galicia non parece necesitala.

Cousas veremos!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania