Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Voando baixo

miércoles, 01 de agosto de 2012
Por correr el hombre no puede pensar
que ni el mismo sabe para adonde va

Sigue siendo niño y en paz dormirás
sin guerras ni maquinas de calcular
(Facundo Cabral)

Non me esquecín de que fixo un ano da perda dun gran humanista, dun cidadán do mundo e dun “vagabundo first class”, como el mesmo se definía. Non era de aquí nin de alá, porque fixo un pacto con Deus e co demo de “no ser de ninguna parte para estar en todos lados”; e a dicir verdade, tanto Deus como o demo, respectáronllo ata o último día. Aquel día de Guatemala no que unha bala privounos do seu coñecemento. Estou falando de Facundo Cabral, o eterno desadaptado, o pacifista radical, o amante único, o camiñante que para nas cousas sinxelas, o admirador da xente simple, o eterno vitalista que sempre escoitarei sentindo que segue vivo, que nunca se foi, que só é unha xira polas alturas da que un día volverá.

As súas verbas enchen os silencios de todos os arrabaldes, ecoando en cada espírito libre que soña un mundo mellor.

Só a verba é capaz de facer un mundo mellor. Necesitamos palabras e palabras para pór no seu sitio a estes traidores que se apoderan da nosa dignidade gratuitamente para vendela en accións letais. Por iso hoxe, lembrando a Facundo recoñézome na súa rebeldía, recoñézome no desexo de ter uns pés como os del para camiñar o mundo sementando pequenas ilusións que fan maxia nos risos e sorrisos da xente humilde. Pero sobre todo recoñézome no desexo de voar baixo.

Voo baixo para vivir a verdade, para cambiar a realidade, para pór a miña forza na construción dun mundo novo e para merecer día a día a palabra de Facundo.

Voar baixo é aprender a vivir con pouco, aprender que as cousas que enchen o interior non valen diñeiro, e que as persoas que realmente valen a pena son as que dan por nada o seu cariño. O mellor da vida é de balde, o mellor da vida non se pode mercar, o mellor da vida é encontrar merlas e merlos como Facundo, capaces de facer unha viaxe de poesía e canto ao sur da alma para encher esa inmaterialidade que sempre ocupará o noso verdadeiro ser. Iso si que é riqueza! Iso si que é fartura! E fainos nacer no fondo do corazón unha areliña nova de ilusión: ser, nós tamén, vagabundos first class que cheguen voando baixo, cunha faltriqueira de poemas e música, ao centro de cada corazón necesitado de palabras.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania