Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ourense, capital cultural

miércoles, 01 de agosto de 2012
A Deputación de Ourense ven de aprobar por unanimidade a declaración de capital cultural europea para 2020 da cabeceira da súa provincia, nun intento de poñer de manifesto a importancia da cultura da cidade no decurso do tempo, e precisamente nese ano en que se cumpren cen da aparición da revista “Nós”, que daría á luz toda unha xeneración de ilustres da cultura e da vida de Galicia.

Ourense mereceu a denominación da “Atenas de Galicia” pola relevancia do seu valor cultural, e a xeneración Nós foi a cristalización dun grupo de galegos senlleiros que tiñan por berce e residencia a capital das terras do Ouro. Alí viron a luz e nos abriron aos galegos as portas das luces homes como Ramón Otero Pedrayo, Cuevillas, Risco ou Xocas, sendo este último o derradeiro e o enlace de todos os que o precederon coa Galicia do novo rexurdimento que eles fomentaron e tanto contribuíron a forxar.

Que Ourense sexa declarada capital europea da cultura é só un nome, unha distinción, pero tamén é unha posta en lugar, unha calificación merecida, unha declaración de forza, un acto de xustiza ao que sen a menor dúbida nos sumamos, e facemos votos porque ese calificativo se consiga e Ourense e os ourensáns obteñan del abondosos froitos.

Ourense foi sempre lugar de cultura, punto de referencia desde o tempo dos romanos. Sexa agora nomeada “Capital europea da Cultura” en 2020, para maior gloria da lembranza da revista e Xeneración “Nós”, e para que todos sexamos testemuñas de que merece tal sobrenome.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania