Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha de cal

jueves, 10 de marzo de 2005
Cando as solucións non son totalmente satisfactorias, ou se conseguen trasaccións políticas de xeito que non haxa vencedores nin vencidos, ou cando -en fin- quen negocia non consegue todo o que se pretende, adóitase dicir que nos dan ou damos unha de cal e outra de area, entendendo que ámbalas dúas posturas ou aspectos son practicamente antagónicos como as funcións das dúas materias na conformación dunha masa para a construcción.

Para Galicia, as últimas decisións do goberno son eso: area e cal.

Unha noticia boa e outra mala, debendo fixarnos primeiro na mala para non crear demasiadas ilusións.

A mala é para a zona de Ferrol, tremendamente castigada nas últimas décadas despois de ter sido un emporio económico da Galicia dos sesenta e setenta, xa que o goberno entende que non se precisa seguir de inmediato coa obra do porto exterior ferrolano, alomenos ata 2020, polo que largo fiado queda o que se entende obra imprescindible para unha comarca tan necesitada de impulsión.

A boa é para a Galicia do interior, xa que se confirma a posta en marcha do mecanismo para a consecución da A-54, a autovía entre Lugo e Santiago, que se agarda sexa unha realidade entre 2008 e 2010.

Certo que entre lugo e Santiago hai 105 km. de estrada que vai por Guntín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino, seguindo na maior parte do seu tramo o Camiño francés a Compostela. Pero recorrer esta vía leva perto de hora e media, e os lucenses prefiren facer Lugo-Guísamo, por autovía, e logo Guísamo-Santiago por autopista, co que pagan 4 € e recorren arredor de corenta kilómetros máis para fuxir da tradicional estrada directa.

Para a de cal, cabe supoñer que escoitaron o clamor dos innumerables afectados. Para a de area, o Goberno non escoitou nin ós seus correlixionarios galegos que pediron con fervor que esta obra se acometese.

Madrid, xa se sabe, queda lonxe. E eso dos gobernos amigos ou non funciona, ou ó estar lonxe non se oe nada do que desde aquí se diga, aínda que sexa un clamor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES