Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comparecencias

martes, 31 de julio de 2012
É dubidosa a rendibilidade política e clarificadora das comparecencias parlamentarias, pero polo de agora é o mellor sistema a utilizar para clarificar diante da máxima autoridade colectiva dun país a verdade dunha situación. E os cidadáns non só estamos obrigados a esta comparecencia, senón a facilitar toda a información de que dispoñamos para explicar calquera tema oscuro.

Non parece que as últimas comparecencias viñeran botar moita luz sobre os tesos cumes da economía nacional. A comparecencia do gobernador do Banco de España, de Rodrígo Rato e do todopoderoso rector de Caixanova, que logo foi copresidente da entidade que fusionou as dúas existentes, deixáronnos igual ou pior do que estábamos. E os mesmos deputados, que tampouco parece ser foron demasiado incisivos nas cuestións planteadas, comprobaron que é posible falar sen dicir nada, e que resultaron non saber os chamados a ser responsables – por saber- dos máis graves problemas económicos que a todos nos afectan.

Caso especialmente notable o do antigo rector de Caixanova, en calquera dos postos que ostentou, que de todos é sabido en Galicia que non se movía un papel na entidade que el non soubese e autorizase sempre que ese papel tivese unha mínima importancia. É verdade que o consello rector figuraba como entidade decisora, pero faltoulle dicir quen dedicidía o que ía acordar o consello.

Está ben a comparecencia se o que vai falar quere ser sincero e os que preguntan teñen coñecementos, tempo e gañas. Senón, unha comparecencia vital pode pasar sen pena nen gloria. Pior aínda: pode pasar como unha desconsideración – burla? – cara a institución e todos os seus membros. Porque vese que hai xente que se considera por riba -¿do ben e do mal?- das autoridades deste mundo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania