Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Detrás dunha verza

lunes, 30 de julio de 2012
Son o indio Regato da Lama. Acocho detrás dunha verza porque vinte vaqueiros de cor branca queren meterme centos de balas no embigo. Declárome culpable de lle roubar un can ao shérif do condado da Parremueira. Non sabía que era un can nin sabía que era do shérif.

Eu andaba detrás dunha pita branca, pero o poleiro estaba tan alto que, non chegándolle, arramplei co can cando se quixo botar a min. Cunha ollada de espírito maligno deixeino cos collóns encollidos. Meteu o rabo entre as pernas e deixouse coller moi mansiño.

Contado o conto, atendo ás balas que se achegan cada vez máis. Arrinco unha folla da verza e con ela disimulo a miña presenza; detrás da folla vai a miña cabeza. Non vexo. Non sinto. De milagre, salvo. Seguro que me axudou o gran espírito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania