Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

61 deputados

viernes, 27 de julio de 2012
Circula por Internet inxente caudal informativo relativo aos políticos españois, ao seu número e custo para o erario público, e as comparativas con outros países da Unión Europea, preferentemente Alemania, onde pode que sexan servidores públicos de mellor cualidade ca os nosos pero ser parece ser que son moitos menos.

O Presidente Feijóo, metido en recortes, quere recortar algo no noso entramado político, para dar exemplo aforrador, e pensou en recortar numéricamente o Parlamento de Galicia, no que a Lei indica que debe haber entre 60 e 80 deputados, temos 75, e opina o Presidente – e polo tanto o grupo Popular- que con 61 chega legal e organizativamente, aforrándose o custo de 14 que quedarian amortizados.

No noso sistema parlamentario, nin en Santiago nin en Madrid prima a elocuencia por riba doutros méritos, e tampouco se poden exhibir nestas cámaras excelencias verbais dos nosos representantes que movan aos seus e aos contrarios a tomar unha determinada postura. Non. O que prima nas Cámaras que nos representan, en todas –locais, provinciais, autonómicas ou nacionais- é o factor numérico e os que falan son os portavoces de cada grupo político, e cando votan vota cada membro cameral da maneira que lle indica o seu xefe de grupo co que en cada votación, na práctica, vense repetir o resultado da última elección ou do último pacto de goberno. Por este lado, pois, ningún problema para reducir os deputados de 75 a 61, porque a proporción – e o conseguinte resultado das votacións – vai seguir sendo a mesma.

Por outra parte, non é que nas listas figuren os mellores especialistas nos temas que resultan vitais para as nosas xentes senón que o criterio de inclusión nas listas ven dado pola maior vehemencia e apoios do postulante, porque arrastre votos nunha determinada circunscrición, sempre que non se rache ningún equilibrio de poder das forzas vivas de cada localidade ou comarca. Por este lado, si que pode haber algún problema, porque haberá menos aspiracións que contentar, menos localismos que atender, menos postos interesantes a cubrir.

Vistas así as cousas, parece difícil dicirlle non á proposta de Feijóo, e sen embargo non atopa o apoio do PSOE nin do BNG, por entender –supoño eu- que deste xeito a Cámara galega é menos representativa, cubrindo un menor abano xeográfico que non temático.

Así estamos. Tendo necesidade – económica e política- de recortar, e tendo que facer o PP gobernante o recorte en solitario. Recorte que se cifra en cinco millóns de euros, que se pretenden dedicar a políticas sociais. Eu quero crer que a clase política é perfectamente consciente de que, postos a adelgazar estruturas, todos estamos sometidos a unha brutal cura de adelgazadamento. E, ou se produce un tratamento similar, ostensible, apreciable, no eido político ou esto estoupa por calquera lado. E se estoupa, ríome eu dos fogos do Apóstolo!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania