Lacazáns de luva branca
Cardalda, Theo - viernes, 27 de julio de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
A organización Tax Justice Network (Red de Justicia Fiscal), sacou a luz pública un informe sobre a élite económica mundial que evadiu 17 billóns de euros entre 2005 e 2010, ao mesmo tempo denuncia aos bancos privados que favorecen a fuga de capitais a paraísos fiscais. Porén, nada vexo neste informe acusacións con nomes e apelidos como verdadeiros responsables desta evasión de diñeiro. Dáme a sensación que e moito máis diñeiro o evadido que o que di este informe. Nada fala do FMI do banco Mundial e toda esa panda de terroristas económicos que andan soltos, presumindo de patriotas con bandeiras ondeando ao vento vomitando palabras patrioteiras cunha hipocrisía que da noxo oílos.
¿Élite económica?. Só son a élite da avaricia, da usura, da cobiza, do derrubamento de toda riqueza allea e da contratación de delincuentes de luva branca e negra............Élite do máis noxento da raza humana.
Hai catro anos os mandatarios dos gobernos de Occidente: Obama, Merkel, Sarkozy e outros dicían que ían a rematar cos paraísos fiscais, coido que foi unha broma macabra para gilipollas : penso que no llo creron nin os que asaron a manteiga.
Estes paraísos non son invadidos como campos de guerra como foron Irak, Afganistán ou Libia, xustificando esas invasións como gobernos terroristas, logo de invadilos conxelaron e embargaron as contas dos dirixentes como Gadafi e outros. ¿ Non se pode facer o mesmo con estes lacazáns que deixan aos seus pobos na máis completa miseria?. Non, iso non pode ser , xa que vai en contra dese goberno mundial na sombra, eses amiguetes do Club Bildelberg ao que pertence algún chupatintas español de cuxos nomes non quero lembrarme e que moitos coñecen.
¿Alguén escribirá algunha vez como se arruína un país a golpe de decreto-lei en seis meses, favorecendo a evasión de diñeiro e amnistías fiscais?.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora