Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Becas

viernes, 27 de julio de 2012
Chámaselle “beca” a unha parte da indumentaria tradicional dos estudiantes universitarios, que consta dunha banda doblada en “V” sobre o peito. Pero o que agora nos ocupa –e preocupa- son as becas universitarias, a través das que numerosos estudiantes poden selo sen que o custo repercuta gravemente nunha economía familiar que non podería soportalo.

Para conseguir unha beca a condición básica radica nas cualidades do estudiante, que ten que superar uns mínimos, repercutindo asímesmo de xeito notable, a carencia de recursos.

A normativa de becas, para non ser menos que calquera outro sector ou actividade, vaise endurecer en liña con toda a política de recortes que as autoridades teñen emprendido.

Chama a atención a nova de que os alumnos que non superen o cincuenta por cento dos créditos de cada curso teñan que devolver o importe da súa beca, porque ata o momento o que se requería era que o alumno se tivera presentado á terceira parte das materias.

Tendo en conta que o cometido do alumno é estudiar e procurar sacar adiante a totalidade do curso cada ano lectivo, non parece moi draconiana esta nova situación, xa que – salvo casos especiais ou carreiras especialmente complicadas- se un alumno non supera a metade das materias dun curso durante un ano algo moi grave falla na universidade ou no alumno.

As becas son imprescindibles para que innumerables estudiantes poidan selo, pero sendo indubidable que as carencias económicas deben ser moi importantes para valorar a situación de cada alumno, tamén o rendemento académico ten que influir de xeito decisivo. E ese cincuenta por cento non parece moi grave condición.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania