Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempus horríbilis

Editorial - martes, 08 de marzo de 2005
Dous días seguidos con título en latín poden evidenciar que calquera tempo pasado puido ser mellor, aínda que sexa lingüísticamente.

Pode ser verdade, porque o panorama que as últimas horas nos deparou é tan variadamente desastroso que fai tremer.

A escala galega non sabemos se quedarnos -para rexeitar máis fortemente- coa nova de que un ex-xefe da garda civil de tráfico foi procesado por trata de brancas, ou que un presunto narcoavogado tiña montada unha estructura económica descomunal froito do tráfico delictivo máis rendible e socialmente máis perigoso.

Ollando o panorama estatal, abraia -diante do día da muller traballadora, ou diante dun día normal calquera- que Pascual Maragall compare o tratamento que recibe por bocazas coas agresións que sofre unha muller maltratada.

E xa, a nivel internacional, a presencia dos estadounidenses en Iraq, da que a última nova é que non disparan a civís a propósito, pero que cando dispararon contra os italianos viñan de facelo contra mulleres e nenos que viaxaban en coches, supostamente a gran velocidade.

Só unha nova gratificante en todo o panorama de actualidade: Un estudio efectuado en Baltimore sinala por primeira vez que o riso mellora o funcionamento cardiovascular, porque ó rirse expándese o endotelio, que e a capa interior das veas e arterias, e facilita o fluxo do sangue.

Pero, ¿Quen pode rirse nestes tempos?. Tempo difícil este.

A frase púxoa en circulación Isabel II de Inglaterra nun tempo para ela especialmente problemático. Pero esto non é un "Annus horríbilis". É un tempo completo. Todo o tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES