Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feliz día, Galicia!

miércoles, 25 de julio de 2012
Un día ao ano, Galicia fai festa, exterior e interiormente; nas rúas e nos corazóns dos galegos.

Feliz día a todos, celebremos o Día da Patria Galega, o Día de Galicia, o día de Santiago... Porque en síntese celebramos que vivimos nun fisterra, proa cara a occidente, final do Gran Camiño dos cristiáns, que ostenta unha diferenciación clarísima no idioma, na xeografía, nos costumes, na historia, no sentir.

Neste gran día no que os compostelanos teñen a especial razón do padroado do Santo, como o teñen os centos de parroquias que levan o seu nome, e toda Galicia por telo por patrón, e toda España que seu patrón é, gardemos un minuto de ledicia, de honra e de loubanza para todos os que, dalgún xeito, de calquera maneira, contribuíron a que Galicia teña hoxe tan especial papel no conxunto de España, e goce dunha individualidade tan clara no mundo occidental.

Desde Galicia para todo o mundo, a través da inmensidade da Rede, felicidades para todos os que se sintan galegos e saiban que pertencen a un pobo diferenciado - por riba de calquera fronteira- que se chama Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania