O home produtor consumidor (HPC)
Rubal, Pedro - lunes, 23 de julio de 2012
O mencionado filósofo noutros artigos, Eladio Chavarri, fálanos de cuatro modelos humanos modernos: o cidadán sen fronteiras (CSF), a humanidade consumada (HC), os paradigmas tradicionais e o home produtor consumidor (HPC). Só direi un pouco dos tres primeiros, para dedicar espazo ó último, que é o que verdadeiramente nos interesa.
O cidadán sen fronteiras, que xa estaba en vigor a finais do século XVIII e empezou a xestarse antes do século XV, apóiase na razón para evitar indignas servidumes: prexuízos, supersticións, ignorancias e toda clase de despotismos. Loita pola autonomía e introduce a fraternidade, á diferenza da solidariedade. É este un modelo con tensións, por suposto: As derivadas da asimiliación das diferenzas entre o público e o privado, as relixións, as culturas, e tensa tamén a introdución do concepto de progreso, que comporta valores socio-.políticos, que van substituíndo aos relixiosos medievais.
Cando a liberdade e a autonomía foi aplicada ás empresas, xurdiu unha nova patoloxía, o esquecemento do comunitario, que arrastrou un novo modelo, o da humanidade consumada, que volve ó comunitario. Aparece a esperanza de novo e xéranse
tensións, personificadas nos traballos de Carlos Marx e Engels.
Estes pretenderon consumar unha nova humanidade, que levaba por estandarte a igualdade, como o anterior levaba a fraterninade, a autonomía, progreso, etc.; pero, aínda que teóricamentre todos os valores podían defenderse dentro del, excepto os relixiosos, emerxe un problema: como evitar a aparición de clases, de novas clases privilexiadas.
As patoloxías que aparecen no seo destes modelos fan que moitos cidadáns pensen en volver aos tradicionais, que aínda contan cun certo arraigamento social; pero tampouco callan estos paradigmas. Sen embargo hai que recoñecer que moitos movementos que se queren pasar por orixinais na actualidade teñen a súa raíz en algún destes paradigmas: A defensa da natureza, a loita pola liberdade responsable, a aversión ás inxustizas, o pacifismo, que foron obxecto dos modelos tradicionais, aínda que poucas veces acadados, e moitas veces quedaron reducidos á señardade deses paraísos perdidos dos que nos falan as grandes relixións.
Respondendo a todo isto, xurde en Norteamérica un novo modelo de humanidade, aló polo ano 20 do século pasado: O home produtor consumidor. Estendeuse coma unha gota de aceite a todo o mundo, salvo ós países subdesenvolvidos, aínda que están soportando as patoloxías do mesmo. Caracterízase polo asolagamento de produtos industriais, e pola eficacia en estimular, mediante estudiadas técnicas de propaganda, o APETITO CONSUMISTA DO HOME deste modelo. Como dí E. Chávarri, todo se ve baixo o prisma da explotación; todos os entes se clasifican baixo esta perspectiva.
A voracidade dos homes e mulleres deste modelo é tal que xa se comeza a dubidar se a natureza dará para tanto e se non acabaremos caendo nunha especie de buraco negro socio-económico (
estaremos xa nel?!), porque, aínda que hai que poñer coto ao crecemento indefinido, moito me temo que isto non virá nunca como consecuencia dun exercicio de pura racionalidade, senón por unha catástrofe, pois da susto e produce vértixe observar ata que punto chegou a capacidade creadora de necesidades no home; de necesidades, por suposto, artificiais e artificiosas, que, pouco a pouco, van influíndo no ánimo duns e doutros coma se foran necesidades primarias e básicas: Fánse atafegantes ata o extremo de chegar a producir, no caso de non poder ser satisfeitas, verdadeiros traumas individuais e colectivos (e se non pregúntenlle os gobernos que introducen recortes!), inducindo a botar man de calquera medio irracional, como o mesmo suicidio.
Outra característica deste modelo é o feito ben constatado de que non hai valados que impidan as influenzas das virtualidades do mesmo. Barreiras que non pudieron derrubar outros modelos, este que comento escachizounas, penetrando osmóticamente como di o filósofo naquelas rexións do Planeta que tiñan declarado coma oficial o modelo da humanidade consumada: todo un prodixio de expansión, eficacia e
compromiso?!.
A razón soberana que rixe neste modelo, que non é outra que a que dirixe o desenvolvemento sen taxa, tan pouco se para en barreiras a hora de utilizar as outras razóns ao seu servizo, incluíndo a política (algo por demais evidente
!), que acaba establecendo como criterio de acerto e eficacia a renda per capita, SEN MATIZACIÓNS. Nin a mesma ciencia nin a tecnoloxía logran escapar deste ambiente afumado do desenvolvemento sen límites. A investigación que goza do beneplácito dos gobernos é aquela que SERVE PARA ALGO ÚTIL, porque o outro non é rendible: Só conta o que facilita e axiliza a produción.
Digamos agora, sen máis preámbulos, que o modelo de home produtor consumidor toma como valores predominantes os biopsiquicos e os económicos. Como xa se explicou, a súa razón soberana, a última instancia, é a do desenvolvemento. Prima o gozo, ó máximo, dos sentidos (o carpe diem), o empeño por perpetuar a eterna mocidade ( a terceira idade en bailes e saraos!), ao prezo do máis espantoso ridículo, os deleites psíquicos, o consumismo desmedido e inxustificado, e, A FIN DE SOSTER ECONÓMICAMENTE TODO ISTO, o ter devén fascinante e irresistible; pola contra, o ser importa pouco, se acaso o aparentar ser.
Velaquí, pois, por que este modelo escachizou a humanidade consumada e botou terra ás señardades tradicionais. As cousas, de conseguinte, só teñen valor se están adornadas de propiedades capaces de proporcionar esos praceres sensibles, a fortaleza corporal e psíquica, e facilitan facelas obxecto de consumo.
Dice Chávarri que al HPC no le interesa la acción cognoscitiva pura, la contemplación, la implantación de la justicia, el culto, la oración y la comunicación racional, páx,. 67, Perfiles de nueva humanidad. Ed. S. Esteban. Salamanca, 1.993.
Outro feito importante neste modelo é a competencia desapiadada, que xerou desigualdades inconcebibles cualitativa e cuantitativamente, o que levou a este filósofo citado a escribir que este modelo humano está preparando para si o holocausto dos seres: no importa di que sean niños hambrientos, dioses, tradiciones seculares, jóvenes condenados al ostracismo, pueblos reducidos a la miseria, pollos, ríos, mares, bosques y tierras, páx. 68, o.c. (Recoñecémonos
?!).
Tales son as patoloxías do home produtor consumidor, que nos transportan no carro do progreso, ao que Lyotard chamou o máis vergoñoso dos nomes: O DESENVOLVEMENTO, e do que tanto se gaban os nosos políticos. Por que, pois, non tomar máis en serio o SUPERHOME de Nietzsche?.
Esta é a materia coa que teñen que apandar os nosos reitores da UE. Acaso contan con ela para buscar solucións, ou están inmersos na mesma e intelectualmente enervados e deslocalizados?. En todo caso, para tomar medidas coma as que agora se lles ocorren, seguramente habería que lembrarse a tempo e vixiar con talento para por cancelas. Ninguén deles sabía o que estaba a pasarlles ós gregos, ós italianos, ós españois, ós portugueses, ós irlandeses,
, e non se desbotan algúns outros.
Pois, como din os nosos paisanos, tarde piache, e mal.

Rubal, Pedro