Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A UNED Senior de Xestoso

lunes, 23 de julio de 2012
Ilustres Autoridades, queridos Profesores e Compañeiros da Uned Senior de Xestoso:

Atopámonos nun lugar cargado de enerxía pedagóxica, aínda se percibe a algarabía xuvenil que estaba neste mesmo lugar fai ben poucos días. Neste emblemático lugar a Comunidade Académica do Colexio Público Integrado “VIRXE DA CELA “ xesta as xeracións que se responsailizarán dos destinos futuros de Monfero e contornos.

Pero hoxe somos nós os protagonistas desta ledicia. Estamos tanto ou máis ilusionados que eles por recibir os nosos diplomas que nos acreditan como maiores culturalmente activos.

Moitos dos presentes teñen os sues netos formándose neste magnífico Centro Educativo. Hoxe os seus avós e as súas avoas están compartindo con eles a alegría de aprender. Incluso poden falar con eles de moitos temas de actualidade favorecendo deste xeito a comunicación inter-xeracional.

A persoa que escribiu estas letras, foi profesora neste centro durante trinta anos e hoxe séntese estreitamente unida ó grupo aínda que sexa desde o Mediterráneo. Deséxanos un moi feliz día para todos.

E os que non son de Monfero, séntense como se o foran porque este é un lugar entrañable e acolledor para todos e moi ben cargado de enerxía positiva que penetra en todas e cada unha das nosas células.

Somos conscientes de que somos un bo exemplo para os que veñen detrás. E sentímonos orgullosos de selo, e por eso mesmo, queremos manifestar e manifestamos que hoxe é un día moi grande para nós.

Participaremos de modo moi activo nun acto institucional desta índole, que ten lugar por segunda vez en Monfero.

Compartiremos as nosas vivencias dun xeito moi especial, aproveitando que algúns de nós estaremos dous meses sen vernos.

Pero as vacacións tamén son necesarias para compartir con outras persoas todo o verán e volver coas pilas ben recargadas para o curso que ven.

Agora tócanos agradecer o esforzo que supón levar a cabo o feito de que a Uned Senior de Xestoso teña aulas abertas en Xermade, Guitiriz, Aranga, Monfero e Paderne.

- Agradecer á UNED de A Coruña que nos acolla no seu seo.

-Agradecer ós concellos correspondentes a súa valiosa aportación.

-Agradecer ós nosos queridos Profesores a súa entrega e a súa paciencia para tratarnos con esmero e profesionalidade inmellorables.

-Agradecer ó noso Coordinador pola súa entrega, polo seu cariño e a súa valía ó noso servizo.

-Agradeceer a tódolos Organismos oficiais a súa colaboaración.

-Agradecer o importante labor que fan os nosos delegados Amelia e Tucho.

-Agradecer a tódolos compañeiros e compañeiros as súas aportacións, o seu compañeirismo e incluso a súa amistade.

-Agradecer tamén ós medios de comunicación que dan a coñecer a importancia da Uned Senior de Xestoso en tódolos recunchos da nosa amada terra galega.

Nunha plabra:

“AGRADECER, AGRADECER, AGRADECER… TODO A TODOS”

Grazas a todos por facer posible que se leve a cabo un labor de tanta importancia cultural, social e afectiva que redunda nunha mellor calidade de vida para todos.

¡Moitas grazas e por moitos anos!


MERCEDES CACHAZA PLATAS,
da UNED Senior de Xestoso, na
ENTREGA DE DIPLOMAS
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES