O berro no silencio
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 23 de julio de 2012
As lapas das palabras están a quecer no peito ata que un xesto inocente fai que fervan aínda máis os vocábulos. Entón o berro chouta do pote e aí empeza a guerra. Ruído no silencio. Berros que queiman cada vez máis. Dor de cabeza. Bágoas nos ollos. E xa non se ven nin as trincheiras. Balas a esgalla, a granel. Morte lenta nunha convivencia que se apaga, que se extingue. Logo da tempestade chega a calma. Por pouco tempo.
Os nuboeiros negros asoman de novo ao lonxe, pero apréciase que avanzan a gran velocidade. Volve ferver o berro. O berro no silencio. Cada vez quedan menos trincheiras. A pena afoga unha convivencia que esgaza. A guerra consume etapas que mingúan co paso do tempo. O berro brota, espalla as balas que van envoltas con palabras de prata. Ricto amargo. O berro no silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora